Boiro conta con dous portos deportivos que se atopan nos dous estremos da enseada da localidade: o de Barraña e a Marina de Cabo de Cruz. Este último comparte localización co porto pesqueiro, dende onde saen moitos barcos bateeiros para o cultivo e extracción de mexillón. O turismo náutico é un dos puntos fortes nesta localidade: vela lixeira ou de cruceiro, piragüismo, submarinismo, remo…